ANUARIO BRIGANTINO
PRESENTACIÓNS
 

Presentación do Anuario Brigantino 2020,  nº 43 (15 de outubro de 2021).
Jesús Núñez entrando, fronte a Ermita Rodríguez; xente entrando desde fóra e vista xeral da Sala Xulio Cuns. Fotos: Arume.

 

Vicente de la Fuente entrando (este número do Anuario Brigantino é o 40 sen interrupción desde que el, como alcalde, fixo que rexurdira no 1981). Alfredo Erias Martínez (director),  a concelleira de Cultura en funcións de alcaldesa, Ana Belén Veiga Pita e Antolín Sánchez Presedo, presentador (alcalde que nomeou a Alfredo Erias director do Anuario Brigantino a principios de 1984). E Alfredo Erias coa súa dona, María Teresa Garea. Fotos: Arume.

Vicente de la Fuente García, ollando este Anuario Brigantino 2020,  nº 43. Falecería pouco despois, o 22 de decembro... E despedida de Alfredo Erias como director, despois de 38 anos ininterrumpidos.

Despedida como director de Alfredo Erias

Presentación do Anuario Brigantino 2019,  nº 42 (25 de setembro de 2020) en plena pandemia do COVID 19.  Fotos: Arume.

A alcaldesa, María Barral Varela, Alfredo Erias Martínez (director), o catedrático de Arqueoloxía, Martín Almagro Gorbea, presentador, e Ana Belén Veiga Pita, concelleira de Cultura. Mapas do desastre pandémico debido ó COVID 19.  Fotos: Arume.

Presentación do Anuario Brigantino 2018,  nº 41 (27 de setembro de 2019).
Alfredo Erias Martínez (director), o presentador James Duran/Séamas Ó Direáin, doutor en Lingüística pola Univ. de Stanfor (Estados Unidos) e dialectólogo da Escola de Estudios Celtas do Instituto de Estudios Avanzados de Dublín; a arqueóloga Clara Veiga e o subdirector do AB, José María Veiga Ferreira. Noutras fotos está a alcaldesa, María Barral Varela e a concelleira de Cultura, Ana Belén Veiga Pita, ademais de numeroso público Fotos: Arume.

Presentación do Anuario Brigantino 2017,  nº 40 (28 de setembro de 2018).
Alfredo Erias Martínez (director), Antón Costa Rico (presentador, catedrático de Historia da Educación da Universidade de Santiago), María Barral Varela (alcaldesa) e Andrés Hermida (concelleiro de Cultura). Fotos: Arume.

Presentación do Anuario Brigantino 2016,  nº 39 (29 de setembro de 2017).
Alfredo Erias Martínez (director), Luís Gorrochategui Santos (presentador,
historiador e profesor de Filosofía do Instituto Francisco Aguiar, autor de varios libros entre os que destaca o titulado Contra Armada: la mayor catástrofe naval de la Historia de Inglaterra), Ramón García Vázquez (alcalde) e María Barral Varela (concelleira de Cultura). Fotos: Arume.

Ramón García Vázquez (alcalde) Alfredo Erias,  Luís Gorrochategui, Ramón García e María Barral. Diego Fernández, María Barral, Ramón García, Luís Gorrochategui, Alfredo Eriase Eduardo Fuentes. Alfredo Erias, James Duran, Martín Fernández.
Presentación do Anuario Brigantino 2015,  nº 38 (30 de setembro de 2016).
Alfredo Erias Martínez (director), Ramón García Vázquez (alcalde), Xesús Torres Regueiro (presentador, mestre de EXB, autor de varios libros e numerosos traballos sobre historia local e de Galicia, moitos destes publicados no Anuario Brigantino) e María Barral Varela (concelleira de Cultura). Fotos: Arume.

1-2: Alfredo Erias con Marta González e José Luis de Tena. 3: Eduardo Fuentes, Patricia Abeal e Antolín Sánchez Presedo. 4: Alberto López e José M. Salgado. 5: José Mª Veiga, María Barral, Ermita Rodríguez, Alfredo Erias e Concepción de Barrena-Sarobe. Fotos: Arume

Alfredo Erias, Teresa Amado, José Abeal,
Fernando Alonso e Ángel Núñez.
 
Miguel Gayoso, Manuel Fiaño, Alfredo Erias
e Salvador Naya.
Presentación do Anuario Brigantino 2014,  nº 37 (2 de outubro de 2015).
Alfredo Erias (director), José Luís Mosquera Camba (presentador, profesor do IES Francisco Aguiar, doutor en Xeografía e Historia, poeta e colaborador do Anuario Brigantino), Ramón García Vázquez (alcalde) e María Barral Varela (concelleira de Cultura). Fotos: César.

Presentación do Anuario Brigantino 2013, nº 36 (26 de setembro de 2014).
Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura), María Teresa Amado Rodríguez (presentadora, Profesora Titular de Filoloxía Grega da Universidade de Santiago de Compostela ), Ramón García Vázquez (alcalde), Francisco Javier Etcheverría de la Muela (presidente de Abanca) e Alfredo Erias Martínez (director).Foto: Teresa Garea... Fotos: Arume (dúas primeiras) e Teresa Garea (última).

Francisco Javier Etcheverría de la Muela.
Foto: Erias.
O alcalde Ramón García Vázquez entrega a Javier Etcheverría de la Muela o título de Fillo Adoptivo de Betanzos. Foto: Erias.

Francisco Díaz, Teresa Amado e Ramón García.
Foto: Teresa Garea.

Alfredo Erias e Francisco Javier Etcheverría.
Foto: Teresa Garea.

Presentación do Anuario Brigantino 2012, nº 35 (27 de setembro de 2013)
Alfredo Erias Martínez (director), Carlos Pereira Martínez (presentador, historiador do concello de Culleredo, pintor, debuxante...), Ramón García Vázquez (alcalde) e Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura). Fotos: Arume.

Diana Varela Puñal.
Foto: Arume.
 
Miguel Gayoso e Manuel Fiaño.
Foto: Arume.
 

Presentación do Anuario Brigantino 2011, nº 34 (21 de setembro de 2012).
Alfredo Erias Martínez (director), Jaime Lafora (presentador, bisneto de don Juan García Naveira), Ramón García Vázquez (alcalde) e Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura). Foto: Arume.

(?), Milagros Torrado Cespón, Aurora Lestón Mayo, Fernando Alonso Romero, Alfredo Erias, Marta González Rodríguez, Mª Teresa Garea Mazás e, no centro, abaixo, Alberto López Fernández. Foto: Arume. Luis Gorrochategui, Benito Figueroa, Alfredo Erias e J. Luis López Sangil. Foto: Arume.

Alfredo Erias
e Jesús Núñez.
Foto: Arume.

Presentación do Anuario Brigantino 2010, nº 33 (16 de setembro de 2011).
Alfredo Erias Martínez (director), Vicente de la Fuente García (presentador, ex-alcalde, con el renaceu o Anuario Brigantino en 1981), Ramón García Vázquez (alcalde),
Mª Dolores Faraldo Botana (ex-alcaldesa) e Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura). Fotos: Arume.

Alfredo Erias Martínez, Antolín Sánchez Presedo, Vicente de la Fuente García, Ramón García Vázquez, Mª Dolores Faraldo Botana e Francisco Díaz Pereira

Presentación do Anuario Brigantino 2009, nº 32 (16 de setembro de 2010).
Andrés Pena Graña (presentador, arqueólogo e historiador do concello de Narón), Mª Dolores Faraldo Botana (alcaldesa) e Alfredo Erias Martínez (director). Fotos: Arume.

Presentación do Anuario Brigantino 2008, nº 31 (18 de setembro de 2009).
Jesús Veiga (representante da Deputación Provincial), Pedro Gómez (concelleiro de Cultura), Mª Dolores Faraldo Botana (alcaldesa), José Manuel Romay Beccaría (presentador,  letrado do «Consejo de Estado», ex ministro de Sanidade...) e Alfredo Erias (director).  Fotos: Arume.

Antolín Sánchez Presedo e
José Manuel Romay Beccaría.

Presentación do Anuario Brigantino 2007, nº 30 (10 de outubro de 2008).
Jaime Alberto Pita Varela (parlamentario de Galicia), Alfredo Erias (director), Mª Dolores Faraldo Botana (alcaldesa), Antolín Sánchez Presedo (presentador, eurodeputado e ex-alcalde), Antonio Lagares Pérez (deputado provincial) e Pedro Gómez (concelleiro de Cultura). Fotos: Veiga.

Marcelino Álvarez
e Afredo Erias.
Alfredo Erias, Carlos Álvarez
e Carlos Cortón.
Xulio Cuns Lousa e Xesús Torres Regueiro. Alfredo Erias, María Castroviejo Bolívar, Fernando Alonso Romero e Alberto López Fernández. Alfredo Erias coa familia de Antolín Sánchez Presedo.

Alberto López e
Lois Ladra.
 
Juan Andrade e Xesús Torres.
Foto: Erias

 
José Antonio Fernández de Rota, a súa dona Pilar Irimia e Francisco Díaz Pereira.

Alfredo Erias e Ermita Rodríguez.

 

23-05-2008. Presentación da páxina web do Anuario Brigantino. José Mª Veiga (subdirector do AB), Andrés Pena , Mª Dolores Faraldo Botana (alcaldesa) e Alfredo Erias (director do AB e autor da web).

Presentación do Anuario Brigantino 2006, nº 29 (27 de setembro de 2007).
Alfredo Erias (director), José Luís López Sangil (presentador,  historiador, presidente da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia e decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia), Mª Dolores Faraldo Botana (alcaldesa) e Antonio Lagares Pérez (deputado provincial). Foto: Veiga.

Presentación do Anuario Brigantino 2005, nº 28 (29 de setembro de 2006).
Alfredo Erias (director), Luciano Rodríguez (presentador, profesor de Literatura da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Antonio Lagares Pérez (deputado provincial) e Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura). Fotos: Veiga.
 

Alfredo Erias, Manuel Lagares, José Luís Couceiro e Nadine Mary Couceiro coas fillas de  Pedro Ramiro Mariño Ortega, arquitecto que deseñou o Asilo Manuel Naveira.

Presentación do Anuario Brigantino 2004, nº 27 (29 de setembro de 2005).
Alfredo Erias (director), Manuel Ares Faraldo (presentador, sacerdote, membro do Comité Cientifico do Anuario Brigantino), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Celestino Poza Domínguez (deputado provincial de Cultura) e Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura). Foto: César.

Presentación do Anuario Brigantino 2003, nº 26 (23 de setembro de 2004).
Alfredo Erias (director), Miguel Anxo Fernán-Vello (presentador poeta), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Jaime Alberto Pita Varela (parlamentario de Galicia), Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura), Antonio Lagares Pérez (deputado provincial) e Julio Villuendas Borondo (presidente da Fundación Manuel Villuendas). Fotos: Alberto Erias.

Presentación do Anuario Brigantino 2002, nº 25 (26 de setembro de 2003).
Alfredo Erias (director), José Antonio Miguez Rodríguez (presenador, catedrático de Lengua y Literatura do Instituto Franisco Aguiar de Betanzos, autor de numerosos libros e traballos, membro do Comité Cientifico do Anuario Brigantino..., Manuel Lagares Pérez (alcalde), Jaime Alberto Pita Varela (conselleiro da presidencia da Xunta de Galicia), Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura). Dentro dos actos conmemorativos da publicación do Anuario Brigantino nº 25, celebrouse o 25 de setembro na igrexa de San Francisco un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia. Fotos: Arume.

 Nesta última imaxe aparecen tamén, D. Francisco Vales-Villamarín Vía e D. José Domingo ValesVía
(2º e 8º desde a esquerda), fillos do fundador da publicación, así como D. Vicente de la Fuente (3º),
con quen rexurdiu o Anuario Brigantino no 1981, cando el era alcalde. Fotos: Arume.

Presentación do Anuario Brigantino 2001, nº 24 (26 de setembro de 2002).
Alfredo Erias Martínez (director), Xulio Valcárcel (presentador, poeta), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura) e Antonio Lagares Pérez (deputado provincial). Fotos: César.

Presentación do Anuario Brigantino 2000, nº 23 (27 de setembro de 2001).
Alfredo Erias Martínez (director), Carmen Parrilla García (presentadora, catedrática de Literatura Española da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña), Manuel Lagares Pérez (alcalde)
e Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura). Fotos: César, Estudios Blanco.

Presentación do Anuario Brigantino 1999, nº 22 (28 de setembro de 2000).
Alfredo Erias Martínez (director), José Cardeso Liñares (presentador, sacerdote, doutor en Historia da Arte e autor de libros e traballos), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura) e Antonio Lagares Pérez (deputado provincial). Fotos: César, Estudios Blanco.

Presentación do Anuario Brigantino 1998, nº 21 (10 de de setembro de 1999).
Alfredo Erias Martínez (director), Jorge Teijeiro Vidal (vicerrector da Universidade da Coruña e membro numerario da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Mª Asunción Sánchez Vázquez (tte. alcalde) e Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura). Fotos: César, Estudios Blanco. Á dereita: 1) Amalia Leis, Alfredo Erias, Rosario Castells, Antonio Meijide e Jorge Teijeiro; 2) Rosario Castells, Alfredo Erias, Antonio Meijide e Manuel Lagares.

Presentación do Anuario Brigantino 1997, nº 20 (24 de xullo de 1998).
Alfredo Erias Martínez (director), Xosé María Bello Diéguez (presentador, director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, «Castelo de San Antón»), Manuel Lagares Pérez (alcalde) e Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura). Fotos: César, Estudios Blanco.

Presentación do Anuario Brigantino 1996, nº 19 (11 de setembro de 1997).
Alfredo Erias Martínez (director), Felipe-Senén López Gómez (presentador, técnico de Xestión Cultural e conservador das coleccións artísticas da Deputación da Coruña e ex-director do Museo Arqueolóxico da Coruña), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura) e Mª Asunción Sánchez Vázquez (tte. alcalde). Á dereita, Pilar Vázquez, José Mª Veiga e Xesús Torres.

Presentación do Anuario Brigantino 1995, nº 18 (12 de xullo de 1996).
Alfredo Erias Martínez (director), Sergio Casas Fernández (presentador, betanceiro, vicerrector da Universidade de Santiago de Compostela), Manuel Lagares Pérez (alcalde) e Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura).

Presentación do Anuario Brigantino 1994, nº 17 (21 de setembro de 1995).
Alfredo Erias Martínez (director), Baudilio Barreiro Mallón (presentador, catedrático de Historia Moderna da Universidade da Coruña), Manuel Lagares Pérez (alcalde) e Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura), (?)

Presentación do Anuario Brigantino 1993, nº 16 (30 de setembro de 1994).
Alfredo Erias Martínez (director), Xosé Antonio Fidalgo Santamariña (presentador, profesor de Antropoloxía Social da Facultade de Humanidades da Univ. de Vigo), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Mª Asunción Sánchez Vázquez (tte. alcalde), Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura) e Antonio Carro Galeiras (concelleiro).

Presentación do Anuario Brigantino 1992, nº 15 (24 de setembro de 1993).
Alfredo Erias Martínez (director), Xosé Ramón Barreiro Fernández (catedrático de Historia de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura), un representante de Caixa Galicia e o sacerdote de Betanzos en Bolivia.

Presentación do Anuario Brigantino 1991, nº 14 (7 de agosto de 1992).
Alfredo Erias Martínez (director), Antón Santamarina Fernández (presentador, catedrático de Filoloxía Románica e director do Instituto da Lingua), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Manuel Regueiro (delegado de Cultura da Deputación da Coruña) e Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura).

Presentación do Anuario Brigantino 1990, nº 13 (23 de xullo de 1991).
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (presentador, investigador de Historia Medieval do CSIC e profesor de Paleografía e Diplomática da Univ. Complutense de Madrid), Alfredo Erias Martínez (director), Francisco Vales-Villamarín Vía (fillo maior de don Francisco Vales Villamarín), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura) e Mª Asunción Sánchez Vázquez (tte. alcalde).

Presentación do Anuario Brigantino 1989, nº 12 (26 de xullo de 1990).
Alfredo Erias Martínez (director), José Antonio Fernández de Rota y Monter (presentador, catedrático de Antropoloxía Social da Universidade da Coruña), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Manuel Regueiro Díaz (presidente da Comisión de Cultura da Deputación Provincial da Coruña), Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura) e Antonio Lagares Pérez (deputado provincial).

Presentación do Anuario Brigantino 1988, nº 11 (15 de setembro de 1989).
Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura), Isaac Díaz Pardo (artista, creador de Cerámicas do Castro, etc.), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Bonifacio Borreiros (director xeral de Cultura da Xunta de Galicia) e Mª Asunción Sánchez Vázquez (tte. alcalde).

Presentación do Anuario Brigantino 1987, nº 10 (23 de xuño de 1988).
Alfredo Erias Martínez (director), Xosé Ramón Pena (escritor betanceiro, doutor en Filoloxía...), Francisco Díaz Pereira (concelleiro de Cultura), Manuel Lagares Pérez (alcalde), José Manuel Romay Beccaría (presidente da Deputación Provincial) e Antonio Lagares Pérez (deputado provincial).

Presentación do Anuario Brigantino 1986, nº 9 (22 de maio de 1987).
Alfredo Erias Martínez (director), Ramón Lorenzo Vázquez (presentador, catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela), Manuel Lagares Pérez (alcalde), Mª Asunción Sánchez Vázquez (tte. alcalde) e Antonio Lagares Pérez (deputado provincial).

Presentación do Anuario Brigantino 1985 nº 8 (13 de xuño de 1986).
Alfredo Erias Martínez (director), Isidoro Millán González-Pardo, conde de Quirós (presentador, académico da Real Academia Galega), Manuel Lagares Pérez (alcalde) e Andrés Beade Dopico (concelleiro de Cultura).

Presentación do Anuario Brigantino 1984 nº 7 (26 de xullo de 1985).
Alfredo Erias Martínez (director), José Carro Otero (presentador, secretario do Instituto Padre Sarmiento do CSIC e profesor da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela), Antolín Sánchez Presedo (alcalde), Andrés Beade Dopico (concelleiro de Cultura) e José Loureda Pereira (concelleiro).

Presentación do Anuario Brigantino 1983, nº 6 (26 de xullo de 1984).
Alfredo Erias Martínez (director), José Ramón Barreiro Fernández (presentador, Profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela), Antolín Sánchez Presedo (alcalde), Andrés Beade Dopico (concelleiro de Cultura) e Manuel Lagares Pérez (tte alcalde).

Presentación do Anuario Brigantino 1982, nº 5 (18 de marzo de 1983).
Antonio Iglesias González (concelleiro de Cultura), Carlos Martínez Barbeito y Morás (presentador, historiador, académico...), José Raimundo Núñez Lendoiro (codirector) e Xosé Antón García González-Ledo (codirector).

Presentación do Anuario Brigantino 2001, nº 4 (22 de setembro de 1982).
Antonio Lagares Pérez (concelleiro), Vicente de la Fuente García (alcalde), Pedro Gómez Aguerre (gobernador civil, presidente do acto) e Mª Luz Lago Artime (directora provincial de Cultura).

 

 

 

 

 

 

Descarga en pdf